Thursday 16 de May de 2024

A Xunta iniciou as obras de reforzo do firme en varios treitos da estrada ac-305, entre Padrón e Ribeira


Estes traballos foron adxudicados á empresa Marconsa, Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa S.L por un importe de máis de 535.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou as obras de rehabilitación de firme en treitos localizados da estrada AC-305 ao seu paso polos concellos de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira,coa fin de incrementar a súa seguridade.

As actuacións levarase a cabo nos puntos quilométricos: 18+00 e 19+000, 25+750 e 24+860, 27+500 e 31+620 no concello de Boiro e 39+200 e 39+700 na travesía de Ribeira. Extenderase unha nova capa de rodadura de mestura betuminosa en quente para eliminar as fisuras e mellorar a adherencia, para, posteriormente, realizar os traballos de fresado e repintado da vía.

Realizaranse reparacións nas zonas que presentan deterioros ao longo de toda a estrada, baseadas no fresado puntual e reposición con mestura betuminosa en quente. Poden destacarse as actuacións previstas nos seguintes tramos, nos que se mellorará a capa de rodadura, actuando na totalidade do ancho da calzada:

– Entre Ponte Beluso e Cespón, no Concello de Boiro (PK 18+000 a 19+000)

– Na travesía de Boiro (Pk 23+750 a 24+860)

– Dende a travesía de Escarabote (Pk 27+500, no Concello de Boiro) ata a entrada na travesía da Pobra do Caramiñalao (PK 31+620)

– Na travesía de Ribeira (Pk 39+200 a 39+700)

Este paquete de obras de reforzo de firme en varios tramos desta vía autonómica foi adxudicado a Marconsa, Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa, S.L., por un importe de mais de 537.056,88 euros. O prazo de execución destas actuacións será de seis meses dende o seu inicio, aínda que se axilizarán no posible e previsiblemente estarán finalizadas nun prazo menor.

Estes traballos, que comezan mañá en sentido Ribeira-Padrón, teñen como obxectivo a mellora desta vía, para acadar unha condución máis cómoda e segura.

Plan de Reforzos de Firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda busca conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.